Árbores da Praza de Bugallal de PonteareasLevan con nós desde, polo menos, 1950
Falleció en Ponteareas el día 26 de outubro do 2020
Grazas á humanización da Praza
As familias das árbores da Rúa Redondela, as dos paseos fluviais do Tea, as que familias das árbores que aínda non foron cortadas pero pronto serán, as amizades, familiares no exilio, libres de motoserras. Enemigos e seguidistas.
Seremos recordadas por seren taladas pola esquerda progresista e asemblearia. Bueno, o PSOE non está, pero non sabemos se é esquerda sequera. Gran mérito para a historia do pobo. A humanización levounos por diante. Grande avance!
Non se admiten flores. O velatorio será a porta pechada. Logo seremos incineradas na planta de biomasa da rúa Santa Ana. Todo queda na casa. Seremos auga quente sanitaria. Pecharemos o ciclo. Seremos ecolóxicas!
Agora deixaremos paso a unha praza onde non haberá sombras, pero seremos avance para o pobo. Porque, polo visto, molestamos.
En todo caso, o que cala outorga. O que levanta a man no pleno, outorga. O que mira para outro lado, outorga.
O camiño é longo. Verémonos, seguro.